Está situado no corazón do Ribeiro a 10 km tanto de Ribadavia, como de Carballiño. Comprende nove parroquias: Leiro, Gomariz, Bieite, Serantes, San Clodio, Orega, Lebosende, Lamas e a entidade local menor de Berán (en onde se pode degustar un dos mellores licor café da provincia, de elaboración artesanal, celebrándose unha famosa festa en honra ó mesmo o día 29 de Outubro).
Ademais nesta entidade menor poderemos saborear dunha boa ofertar turistica termal, co goce do balneario, cuias augas sulfurosas posúen recoñecidas propiedades para a pel e especialmente recomendadas para a psoriasis. Aberto durante todo o ano.
Leiro posúe un camping de 1ª categoría, con cafetería e
XV e reparado no XVIII, de estilo gótico, contando na súa parte central dun interesante cruceiro. O Monasterio de San Clodio conserva aínda unha igrexa. No seu exterior destaca a fachada barroca do antigo pazo abacial. Algo que nos chamará a atención é o seu claustro profesional de estilo barroco.
Ademáis deberemos visita-la igrexa de estilo románico rural en Gomaríz con nave e ábside rectangular, así como a igrexa do mesmo estilo en Santo Tomei de Serantes, sendo a súa fachada de gran riqueza ornamental e conservando no seu interior un fermoso baldaquino Gótico.