Concello de Leiro

Plan Xeral de Ordenación Municipal de Leiro (PXOM)

O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Leiro foi aprobado incialmente en pleno ordinario de data 25 de febreiro de 2010, tras recibir o informe previo preceptivo da Xunta de Galicia.

O anuncio da aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenación Municipalpublicouse no taboleiro de edictos do concello, no Diario Oficial de Galicia o día 11 de marzo de 2010 e nos diarios La Voz de Galicia e La Región o día 3 de marzo de 2010; durante dous meses o plan quedará  a disposición de calquera que queira examinalo para que se presenten as alegacións que se estimen pertinentes.

Para maior comodidade das persoas que demanden información, o PXOM estará exposto no novo edicicio municipal sito na rúa Rey de Viana (ó carón do lavadeiro), donde un técnico do equipo redactor do plan atenderá todas as consultas, co seguinte horario:

  • Marzo: xoves polas tardes de 16 a 19 h
  • Abril: xoves polas mañás de 10 a 14 h
  • Maio: xoves polas mañás de 10 a 14 h

NOTA INFORMATIVA: as consultas do xoves 22 de abril trasládanse para o venres 23 de abril de 10 a 14 h.

NOTA INFORMATIVA: o período de alegacións ó PXOM remata o mércores, 12 de maio de 2010, ese mércores o técnico atenderá as consultas relacionadas co mesmo.

Dende o concello, recórdase que se suspenderá o outorgamento de licenzas en todo o termo municipal de Leiro, sen prexuízo de que se poidan dar aquelas licenzas que supoñan obras de mera conservación. Non obstante, con carácter excepcional, a Xunta de Goberno Local, en atención ás circunstancias que concorran e sempre que non se trate de ámbitos do territorio obxecto de planeamento cunhas novas determinacións que supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente, poderá acordar a concesión daquelas licenzas cuxa compatibilidade coas determinacións do PXOM sexa incuestionable. A duración de suspensión será como máximo de dous anos a contar dende a aprobación inicial e en calquera caso extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Documentos:

Planos:

Deja un comentario