Concello de Leiro

O peche do balneario deixou un balance negativo nas arcas da entidade de Berán

O retraso na apertura do Balneario de Berán está a perxudicar o balance económico da Entidade Local Menor que rixe esta parroquia do municipio de Leiro e que conta cunha poboación superior ós 300 habitantes, según estimacións do seu presidente, José Luis Rodríguez.

Iste lembra que ‘a meirande parte dos ingresos procedían do canon de concesión das antiguas instalacións termais e o que recibimos do Concello de Leiro pola recadación de abastecemento, saneamento e licencias urbanísticas’.

Así, nos últimos dous anos e coincidindo coa paralización do proceso de adxudicación da explotación balnearia, as arcas da Entidade de Berán deixaron de ingresar perto de 50.000 euros, ‘é dicir, que non dispomos de cantidade algunha para acometer obras de mellora na parroquia’, sinala o seu presidente. José Luis Rodríguez confía en aprobar iste mércores ‘e de xeito definitivo, as bases para adxudicar as instalacións, e pechar dunha vez un periodo que foi moi negativo para tódolos veciños’. La sesión plenaria se desarrollará a partir de las ocho de la tarde, y el acuerdo será remitido para su publicación en los boletines oficiales.

 

Fuente: laregion.net

Deja un comentario