Concello de Leiro

Monumento natural

Despois da loita que comezaran xa algúns dos veciños integrantes do Club UNESCO O Ribeiro polo ano 94 e logo de haber sido retomada esta loita recentemente por diferentes colectivos ecoloxistas, entre eles Amigos da Terra, asociacións sociais e particulares interesados, chégase por fin a un entendemento, con matices, entre a administración e os nomeados.

E así, vaise declarar a Pena Corneira coma Monumento Natural, que é unha figura regulada na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de Conservación da Natureza e que contén a seguinte definición no seu Artigo 13: Monumento Natural

1. Os Monumentos Naturais son espazos ou elementos da natureza constituídos basicamente por formacións de notoria singularidade, rareza ou beleza, que merecen ser obxecto dunha protección especial.

Considéranse tamén Monumentos Naturais as formacións xeolóxicas e demais elementos da xea, así como os xacementos paleontolóxicos, que reúnan un interese especial pola singularidade ou importancia dos seus valores científicos culturais ou paisaxísticos.

2. Os Monumentos Naturais so se admitirán os usos ou actividades que non poñan en perigo a conservación dos valores que motivaron a súa declaración.

Pero consideramos isto insuficiente. A zona, debido o seu especial valor paisaxístico e xeolóxico, debería incluírse na Rede Natura 2000 e así ampliar o seu campo de protección e limitar, por contra, o campo de actuación das canteiras que son o factor do cal deriva o maior deterioro ambiental da zona.

Existen nove canteiras dentro do espazo natural, das cales, a lo menos dúas, están en funcionamento na actualidade. Algunhas delas teñen suspendido o permiso de explotación porque lles falta a licenza municipal, licenza preceptiva antes do comezo da explotación da canteira. O consentidor dunha canteira sen permiso municipal é o concello……habería que preguntarlles aos alcaldes de Leiro e de Carballeda de Avia por qué consenten canteiras sen licenza municipal e por qué non están clausuradas.

Isto no ámbito xurídico constitúe un delito contra o Medio Ambiente e os recursos naturais tipificado no Código Penal.

O delito non prescribe porque é permanente
¿Por que se ven permitindo desde os anos 80 o funcionamento destas canteiras? É necesario contar con permisos municipais e coas correspondentes autorizacións administrativas que amparen o funcionamento das canteiras tal e como di a lei.

É polo tanto de obrigado cumprimento a normativa legal reguladora existente.

E así, e unha vez máis, prodúcese un compendio de irregularidades: permisos, autorizacións, declaracións de impacto ambiental, plan de labores, plan de restauración, medidas correctoras, plan de vixilancia ambiental… non o dicimos nos, O DI A LEI.

O próximo xoves 27 de abril faremos un percorrido pola zona coa Televisión de Galicia.

http://amigosdaterra.net/index.php?name=News&file=article&sid=59 

Deja una respuesta