| Avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Leiro |
|
|
|
|
O pleno da corporación, en sesión extraordinaria
celebrada o día 8 de novembro de 2007, acordou expoñer ao público, polo
prazo dun mes, contado desde a última publicación que deste anuncio
teña lugar no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Región, o avance
do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Leiro, formulado por
Monteoliva Arquitectura, S.L., a quen o Concello decidiu encomendar a
redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Leiro, prazo durante
o cal as entidades e os particulares poderán suxerir o que consideren
oportuno e presentar as propostas e os convenios urbanísticos que
xulguen procedentes.
Durante o dito prazo, a documentación do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Leiro poderá ser examinada nas oficinas do Concello, sitas na Rúa Gabino Bugallal nº 39, Leiro.
Fonte: DOGA Xunta: PDF |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|


