Concello de Leiro

Castro de O Casar

ADSCRlClÓN TIPOLÓXICA: Castro (asentamento fortificado)

ADSCRICIÓN CULTURAL: ldade do Ferro

AREA DE ESPECIAL PROTECCIÓN. Delimitada polas últimas estructuras (defensas) visibles do xacernento (G.1,-1)

ÁREA DE RESPECTO: Espazo que, definido pala topografía do terreo, camiños, pistas e a estrado de acceso ó pobo de O Casar, delimitando un área perimetral en torno á área de especial protección, cunha extensión voriable entre os 75 metros e os 200 metros, alcanzando un máximo desenvolvemento na parte SW, donde a topografía fai máis probable a presencia de elementos de interés arqueolóxico(G.11-2)

Castro de forma ovalada (125 metros no eixe NE-SW e 75 m no W-SE). Atópose moi alterado por traballos de repoboación forestal realizados non hoi moitos anos; como consecuencia, resulta difícil facer unha exacto descripción do elemento. Na actualidade consérvase un recinto moi pouco definido que, moi probablemente, estaría delimitado por un terraplén. No extremo sur semella presentar unha nova liña de defensa formada por un parapeto, e nas partes norte e leste aprécianse os restos dun foxo case colmatado.

Ligazón a información: Mapas Xunta

Castro de Lamas
Etiquetado en: , ,