| Unha asociación xuvenil de Berán defende a existencia dunha ruta Xacobea do Ribeiro |
|
|
|
|
Documentación aportada por veciños do Ribeiro motivou a un grupo de xóvenes de Berán (Leiro) a poñer en marcha unha iniciativa encamiñada a conquerir a declaración do Camiño Xacobeo do Ribeiro. A asociación ’Berán, sempre en nós’ remitiulle os datos a nove concellos afectados. A asociación ’Berán, sempre en nós’ pon en marcha unha iniciativa encamiñada a promover ’O Camiño Xacobeo do Ribeiro’. Neste senso, dirixiuse a tódolos concellos polos que, según afirma, transcurría o camiño para pedirlles, previo acordo dos plenos, a implicación no estudo histórico e o seu apoio para conquerir a declaración do mesmo.
Esta entidade de recente creación basease en feitos históricos
para afirmar que ’tal camiño viña do que hoxe é Portugal, arrancando
posiblemente de Coimbra. O seu itinerario seguía pola beira do Miño,
percorrendo os actuais concellos de Padrenda, Pontedeva, Cortegada,
Arnoia ata Castrelo de Miño, cruzaba o río hasta Ribadavia, continuando
por Beade, Berán e Lebosende (Leiro). Baixaba a Pazos de Arenteiro,
subindo a Astureses, en Boborás, para coller para A Estrada, camiño de
Compostela’. Fonte: Laregion.net |
| < Anterior | Siguiente > |
|---|


