Concello de Leiro

Avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do concello de Leiro

O pleno da corporación, en sesión extraordinaria celebrada o día 8 de novembro de 2007, acordou expoñer ao público, polo prazo dun mes, contado desde a última publicación que deste anuncio teña lugar no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Región, o avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Leiro, formulado por Monteoliva Arquitectura, S.L., a quen o Concello decidiu encomendar a redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Leiro, prazo durante o cal as entidades e os particulares poderán suxerir o que consideren oportuno e presentar as propostas e os convenios urbanísticos que xulguen procedentes.

Durante o dito prazo, a documentación do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Leiro poderá ser examinada nas oficinas do Concello, sitas na Rúa Gabino Bugallal nº 39, Leiro.

 

Fonte: DOGA

Xunta: PDF  

Deja una respuesta